Carlos Vieito

Carlos Vieito

En galego

Ola! O meu nome é Carlos e veño da capital galega, Compostela. É un pracer impartir aulas de galego nunha cidade tan grande e rica de culturas diferentes como é Barcelona.

Na cidade traballo como especialista en estratexias dixitais (con ferramentas moi chulas que empregaremos na aula), aínda que son graduado en Ciencias Políticas e Sociais. Tamén participo como activista lingüístico na rede a través de varios proxectos como a Iniciativa Twitter en galego ou promocionando á comunidade galega na radio nesta cidade.

Aprender galego é mergullarse de cheo nunha cultura que foise construíndo a través de diferentes pobos ancestrais. Aínda que é unha lingua latina, conserva un misticismo celta e unha conexión coa natureza incríbel. Por exemplo, e como é ben sabido, en galego temos máis de 100 formas de referírmonos á choiva.

Nas aulas non só aprenderemos unha lingua de forma diferente, participaremos activamente na cultura botando man da comunidade galega que vive en Catalunya facendo teatro, lendo, e facendo outras actividades que nos axudaran aprender a lingua máis fluidamente.

Vémonos nas aulas!

En català

Hola! Em dic Carlos i vinc de la capital gallega, Compostela. És un plaer impartir aules de gallec en una ciutat tan gran i rica de cultures diferents com és Barcelona.

A la ciutat, treballo com a especialista en estratègies digitals (amb eines molt xules que emprarem a l’aula), encara que soc graduat en Ciències Polítiques i Socials. També participo com a activista lingüístic a la xarxa a través de diversos projectes com la Iniciativa Twitter en galego o promocionant a la comunidat gallega a la ràdio d’aquesta ciutat.

Aprendre gallec és submergir-se de ple en una cultura que es va anar construint a través de diferents pobles ancestrals. Tot i que és una llengua llatina, conserva un misticisme celta i una connexió amb la natura increïble. Per exemple, i com és ben sabut, en gallec tenim més de 100 formes de referir-nos a la pluja.

A les aules no només aprendrem una llengua de forma diferent, participarem activament a la cultura recorrent a la comunitat gallega que viu a Catalunya fent teatre, llegint, i fent altres activitats que ens ajudaran a aprendre la llengua més fluidament.

Ens veiem a les aules!

Anuncis